top of page

Usaremos as diferentes ferramentas de comunicación do Twinspace para comunicarnos durante a vida do proxecto.

Dependendo do número de profesorado participante deseñaremos unha estrutura de colaboración xeral entre os socios ou grupos internacionais intercambiables.

 

Planeamos facer 9 actividades durante o ano escolar. Presentación colaborativa, xogo de cartas, árbores de familia, adivinar palabras usando pensamento visual, vídeos, buscar en Twitter un personaxe, xogo para aprender direccións,  creación de instrucións en Latín para un Tomtom,  cómics para adiviñar quen é o asasino, creación de inventos que o alumnado ha de promocionar, e unha audioguía para mostrar o legado de Roma.

Buscamos a cooperación e a colaboración entre o alumnado.

PROCESO DE TRABALLO

bottom of page